A única forma de combater os estereotipos e prexuízos é a través do fomento do pensamento crítico. Un pensamento baseado na análise exhaustiva da información, o contraste e comprobación con outras fontes, a avaliación, e o establecemento de criterios para valorar o que é verdade ou falsidade.
Traballar este tipo de pensamento nos nenos e nenas conduce a unha mellora da dialéctica, do debate, a creación de argumentos sólidos, madurez, loita contra o dogmatismo e fanatismo, etc.