Rutinas de pensamiento: Preguntas creativas

Rutinas de pensamiento: Preguntas creativas
Rutinas de pensamiento: Preguntas creativas
Play Free Games On RosiMosi
  • Lingua Galega

  • Rutinas de pensamiento

  • Age 11-13

  • level: Sexto Primaria

  • Galician

Author's Instructions

No libro “ The question behind the question”, John Miller convídanos a reflexionar sobre como a calidade das preguntas que nos facemos, determina a calidade dos nosos pensamentos e en consecuencia, a calidade das nosas vidas.
Desde a mañá cedo ata a noite, a nosa voz interior faise preguntas e contéstase soa, moitas veces facéndonos sentir vítimas das situacións, enfocándonos no desafortunados/as que somos ou en cousas que non podemos controlar.
Cando pensamos, o que en realidade estamos a facer é contestar as preguntas que nos estamos facendo e como resultado tomamos decisións que nos levan a actuar en consecuencia.

Por exemplo: Cando facedes a mochila pola noite antes de ir durmir facédesvos preguntas como Que materias teño mañá?, Que cadernos teño que levar?, Teño que levar roupa de deporte? Que comida levo para o aperitivo? As respostas a estas preguntas permíten tomar decisións específicas.

Con todo, o noso diálogo interno pode ser moi ferinte, por exemplo: “como fuches capaz de dicir semellante bobada? Es torpe”. “Nin te atrevas a tentar iso outro, es un inútil neses temas e sábelo”, “fíxate no que pasou hoxe, sempre cometes erros, sempre estás a cometer un fallo tras outro”.

Que imos facer?

Na anterior sesión grupal dos venres quedaron resoando algúns temas que imos tratar nesta sesión.

Esta é a ficha interactiva que imos facer na sesión de hoxe onde xuntei a inspiración e ideas que nos transmitiu a asesora pedagóxica da Caixa sobre as preguntas poderosas e as ideas do filósofo José Carlos Ruiz, dunha conferencia que escoitei con moita atención e tamén foi suxerida pola asesora pedagóxica da Caixa.

Así que como podedes comprobar, esta actividade conleva unha aprendizaxe para vós e para min.

Disfrutadea!