Arte Urbano : Banksy

Arte Urbano : Banksy
Arte Urbano : Banksy
Active — user can report

Author's Instructions

Banksy traballa en espazos públicos das cidades de Inglaterra polo que ás súas creacións denomínanse Arte Urbana. Imos analizar algunhas das súas obras

Ademais na CiberCaixa Mallos imos coñecer o estarcido, técnica moi primitiva identificada máis recentemente co esténcil, un tipo de decoración a partir dun persoal cun debuxo recortado ou patrón que nos vai a permitir reproducir en serie a imaxe representada.​​ (Mirade o enlace desta folla de traballo)

Explore Worksheets

Rutinas de pensamiento: Preguntas creativas

Speaking - ESL

No libro “ The question behind the question”, John Miller convídanos a reflexionar sobre como a calidade das preguntas que nos facemos, determina a calidade dos nosos pensamentos e en consecuencia, a calidade das nosas vidas.
Desde a mañá cedo ata a noite, a nosa voz interior faise preguntas e contéstase soa, moitas veces facéndonos sentir vítimas das situacións, enfocándonos no desafortunados/as que somos ou en cousas que non podemos controlar.
Cando pensamos, o que en realidade estamos a facer é contestar as preguntas que nos estamos facendo e como resultado tomamos decisións que nos levan a actuar en consecuencia.

Por exemplo: Cando facedes a mochila pola noite antes de ir durmir facédesvos preguntas como Que materias teño mañá?, Que cadernos teño que levar?, Teño que levar roupa de deporte? Que comida levo para o aperitivo? As respostas a estas preguntas permíten tomar decisións específicas.

Con todo, o noso diálogo interno pode ser moi ferinte, por exemplo: “como fuches capaz de dicir semellante bobada? Es torpe”. “Nin te atrevas a tentar iso outro, es un inútil neses temas e sábelo”, “fíxate no que pasou hoxe, sempre cometes erros, sempre estás a cometer un fallo tras outro”.

Que imos facer?

Na anterior sesión grupal dos venres quedaron resoando algúns temas que imos tratar nesta sesión.

Esta é a ficha interactiva que imos facer na sesión de hoxe onde xuntei a inspiración e ideas que nos transmitiu a asesora pedagóxica da Caixa sobre as preguntas poderosas e as ideas do filósofo José Carlos Ruiz, dunha conferencia que escoitei con moita atención e tamén foi suxerida pola asesora pedagóxica da Caixa.

Así que como podedes comprobar, esta actividade conleva unha aprendizaxe para vós e para min.

Disfrutadea!